Xinzo de Limia

Semana teatral en Xinzo

A Cargo da Asociación cultural TEATRO ANEIS

IMG-20181213-WA0000

O grupo de teatro ANEIS  que dirixe  Manolo Fontemoura representará a partir deste venres 14 tres obras teatrais no auditorio da casa da Cultura de Xinzo.

Este venres día 14 representarán unha serie de obras curtas tendo como actores os Picareiños A e B.. As obras representaranse as 20:00.

O mércores 19 as 20:30 , os Mozos representarán tamén Obras Curtas, os Xoves representarán a obra “Cela” e rematará a sesión teatral deste día  coa obra “Sketch” polo grupo chamado Aneis Futuro.

Para rematar a semana teatral de Nadal Os Aneis Sénior porán en escena o venres 28 a partir das 20:30 a obra “Verdade ou mentira?.

Todas as obras serán de balde. E na semana teatral colabora o Concello de Xinzo.