Aprobado novamente o expediente para declarar o Entroido como Festa de Interes Internacional
Foi aprobado por todos os membros da corporación
A Concellería de Cultura volveu a traer ao pleno a ratificación do acordo tomado no 2013 para solicitar a declaración do Entroido como Festa de Interes Cultural, despois de que naquela ocasión o expedente fora devolto pola Xunta porque os informes das insercións en medios de comunicación estranxeiros non foi admitida. Este verán a Concellería contratou a una empresa especializada para conseguir este requisito, cousa que xa está no Concello.
O Concelleiro e portavoz do PP. Carlos Gómez dixo que como naquela ocasión non fora admitido, agora volvíase a presentar para a súa aprobación, requisito sen o cal o expediente non pode seguir o seu curso.
Carlos matizou que isto ía ser un fito para o noso pobo, aínda que isto levaría consigo, non solo o incremento económico da Xunta para a celebración da festa, se non tamén o tratar de conseguir facer o Entroido cada vez mellor mantendo as tradicións e o propio pobo.
Tomaron a palabra os membros da oposición, para apoiar , como non podía ser doutra maneira o expediente, pero matizando Elvira Lama que isto referendaba a desidia do PP, que estivo 5 anos para dar este novo paso. Ramiro Rodríguez, manifestou que todo isto está moi ben, pero que a partir de agora hai que coidar máis a programación para vender o Entroido como algo único e tradicional da Vila. Pola súa banda, o representante do XA que tamén anunciou o seu voto positivo inquiriu a alcaldía a facer as obras necesarias tanto na rúa dos viños como no casco antigo, posto que tal e como están, non se poden ensinar a calquera que veña do estranxeiro a velo como inspector, porque si as ve tal e como están, non sei como iría o expediente.
No que si estiveron de acordo todos os membros do goberno e da oposición foi a hora de felicitar ao técnico de Cultura Alfonso Lois, polo traballo realizado no desenrolo dos dosieres que o proxecto necesita.
Transferencia de crédito por 85.800 €
O primeiro punto do pleno extraordinario trataba a aprobación Expediente 7557/2018. TRANSFERENCIA DE CRÉDITO Nº 21
Este punto foi aprobado cos votos afirmativos do PP, a abstención do BNG e PSOE e o voto en contra do grupo XA.
O BNG, congratulouse de detectar un erro no expediente, corrixido, ademais de non estar de acordo con que os cartos da venda da parcela do polígono por máis de 700.000 € non se vaian repoñendo nos dez anos, como se quedou.
O representante do XA acusou ao grupo de goberno de intentar facer agora a fin de ano todas as obras que non fixeron nos 10 anos, e tendo que deixar a partida de emerxencias a cero. Tamén manifestou o seu desacordo, por non haber traído este punto no pleno ordinario anterior.
Elvira Lama, tamén preguntou onde estaban os 600.000 € que aparecen nos presupostos do 2018. Acusou aos membros do PP, de estar en plena campaña electoral, facendo obras a última hora.
O portavoz do PP, replicou os argumentos da oposición, de que sería incoherente deixar cartos sen gastar a final de ano podendo facer obras, que son beneficiosas para os veciños.
O alcalde para finalizar o turno de palabra dixo, que isto simplemente era un axuste orzamentario, práctica habitual nos concellos, sobre todo chegadas estas datas.
Negou a improvisación, posto que estes proxectos xa ían no programa do PP, pero dicindo que ata agora non se puidera levar a cabo. As cousas dende fora, non son igual que dentro do goberno, que hai que facer as cousas cando se pode. Non se preocupen que nos seguiremos facendo máis obras.