Xinzo de Limia

Aumentan os delitos de fraude por internet e disminuen os otros delitos

Datos achegados na Xunta de Seguridade de Xinzo

IMG_20190214_104450

Na mañá de onte xoves, reuniuse na sala de Xuntas do  concello os  12 membros que compoñen a Xunta Local de Seguridade  copresidida polo Subdelegado do Goberno Emilio González e o alcalde Manuel Cabas, e o Xefe Territorial de Presidencia.

Asistiron a mesma responsábeis da Garda Civil, Policía Local, así como a Xefa da Unidade de Violencia sobre a Muller da subdelegación de goberno así como os xefes de Protección Civil e do parque de bombeiros  comarcal. Por parte do goberno municipal participaron na reunión os concelleiros/as de seguridade, Servizos Sociais e Obras.

IMG_20190214_104352O subdelegado felicitou aos CCFF pola súa labor en favor da prevención e loita contra a delincuencia. Informou do descenso dos delitos denominados comúns durante o último ano e o incremento dos delitos de novo cuño, cales son os de fraude en internet, polo que se aconsella non facer uso de páxinas non seguras.

DISPOSITIVO DE SEGURIDADE REFORZADO PARA O ENTROIDO

Como último punto da orde do día estaba o plan estratéxico de cara as festas do Entroido. O subdelegado anunciou un reforzo no mesmo con todos os efectivos necesarios para cada día.

Ademais do helicóptero e cans detectores de estupefacientes, haberá membros  antidisturbios, non presentes na rúa, pero si preparados para una actuación rápida de ser necesario.

A Policía Local, será a encargada do control de tráfico e de accesos, ademais de todo o referente a intervención rápida. O responsable directo da Policía Autonómica da Xunta de Galicia anunciou tamén a presenza do corpo de seguridade autonómico para reforzar  e colaborar coa Policía Local ademais de facerse cargo do control de menores e alcohol.  

MAIS EFECTIVOS DE PROTECCIÓN CIVIL

Durante as festas do Entroido  os membros voluntarios de Protección Civil de Xinzo, estarán reforzados coa presenza de voluntarios, tamén de Protección Civil de outras provincias.

IMG_20190214_104502