Xinzo de Limia

O Concello acondicionará a planta superior da Casa Reitoral de Mosteiro para uso veciñal

Pleno
Pleno

O Concello de Xinzo de Limia, no seu empeño por recuperar o patrimonio eclesiástico do municipio e dedicalo a uso veciñal, acondicionará a planta superior da Casa Rectoral de Santa María Mosteiro de Ribeira. No pleno desta mañá aprobouse a cesión temporal do inmoble. Ata o momento, só comprendía a parte baixa, que se emprega como tanatorio. O executivo local acometeu a reparación da cuberta no ano 2019 e solicitou ampliar a cesión por 20 anos máis. O punto foi aprobado por unanimidade. Tal e como explicou a alcaldesa, Elvira Lama, o obxectivo desta actuación é dar utilidade ao patrimonio do concello, favorecendo ademais a súa conservación con estas obras de acondicionamento.

Tamén co acordo de todos os grupos saíu adiante o expediente de recoñecemento extraxudicial de crédito para facer fronte ao pago de facturas polo incremento do custo da luz e do gas e que ascenden a 180.000 euros. Ademais, incorporarase ao presuposto, con cargo ao 2023, o pago de 29.000 euros en facturas, a maior parte para o bono social de electricidade.