Xinzo de Limia

O Concello crea un Banco Solidario de alimentos e produtos de limpeza para familias en emerxencia

O produtos serán recollidos nos supermercados da vila, pero ademais abre unha conta bancaria ante os ofrecementos da veciñanza, empresas e negocios locais para axudar ás familias vulnerables. O Concello tamén ideou un sistema con fondos propios  para que as familias inscritas no Banco de Alimentos podan mercar produtos frescos no comercio local.

 

Web galería-8
Web galería-8

O Concello de Xinzo crea un Banco Solidario para o reparto de alimentos e produtos de limpeza entre persoas con escasos recursos económicos ou en situación de emerxencia, sempre baixo o criterio dos Servizos Sociais municipais.

Con esta decisión, o goberno local pretende abarcar a máis familias das que agora están a recibir asistencia por parte de Cruz Vermella, Cáritas o a ONG O Viso, organizacións coas que traballa en estreita colaboración.

A motivación desta iniciativa municipal é dobre. Por un lado, o coñecemento de que había familias nesta situación que non estaban a ser atendidas ou que se incorporaron a esta situación con motivo de crise. Por outro, os ofrecementos de veciños e veciñas, empresas e negocios locais de Xinzo para axudar ás persoas en situación de maior necesidade, ben a través de achegas económicas solidarias ou por medio da doazón de alimentos.

Así, a recollida de alimentos non perecedoiros levarase a cabo nos propios supermercados, en espazos habilitados para tal fin e identificados cun cartel como puntos de entrega de alimentos para o Banco Solidario de Xinzo de Limia.

A propia alcaldesa, Elvira Lama, xestionou coas persoas responsables dos supermercados os detalles desta recollida, que inicialmente levarase a cabo ao longo de toda esta semana e repetirase cando sexa preciso.

Ademais, o Banco Solidario habilitou unha conta bancaria (ES45 2080 5303 0931 1001 1704) para que a veciñanza, empresas e negocios que o prefiran podan realizar achegas económicas para a compra de alimentos, que neste caso tamén poderían ser frescos, a estas mesmas familias.

Unha vez superada esta situación, as persoas que realizaron as súas doazóns poderán solicitar ao Concello un certificado que o acredite, podendo así desgravar a contía na declaración da renda do ano 2020.

O Concello de Xinzo tamén puxo en marcha outra liña de axuda, neste caso con acordos cos comerciantes locais que venden produtos frescos. Con fondos propios, está habilitando fórmulas para que as familias xa inscritas no Banco de Alimentos, que reciben doazóns periódicas de alimentos perecedoiros, podan acceder tamén aos frescos mediante esta liña de axudas posta en marcha polo goberno local.