Xinzo de Limia

O Concello habilita un teléfono específico contra a violencia machista durante o confinamento

Web galería-6

A violencia machista non cesa durante o Estado de Alarma, nin entende de crises sanitarias e incluso se pode ver incrementada pola situación de confinamento na que nos atopamos. Por iso, o Concello de Xinzo pon en marcha un servizo de atención telefónica ás mulleres que precisen algún tipo de información, axuda ou asistencia durante este período.

Para prestar este servizo acabamos de habilitar o teléfono 604 0839 16, que será atendido por persoal especializado do CIM municipal (Centro de Atención á Muller). Estará operativo de 10 a 14:00 horas e de 16:00 a 18:00 para a atención personalizada e o resto do día a través de WhatsApp para urxencias e consultas.

Tamén está a dispor o seguinte teléfono da Policía Local: 626 99 80 60.

Ademais de este servizo complementario posto en marcha agora polo Concello de Xinzo, lembramos que o 016 funciona con normalidade durante as 24 horas do día para asesorar sobre os recursos e dereitos das vítimas de violencia machista. Igualmente, pode accederse a esta información a través do correo [email protected].

Para situacións de emerxencia tamén se pode chamar aos teléfonos 112,  091 da Policía Nacional e 062 da Garda Civil.