Xinzo de Limia

O CONCELLO LOCALIZA AS PERSOAS QUE VIVEN SOAS PARA FACILITARLLE O ACCESO A ALIMENTOS E MEDICAMENTOS

Tamén se pode acceder a este servizo a través dos teléfonos 629 69 11 13 e 629 47 08 12

WhatsApp Image 2020-03-17 at 13.30.08.-2
Reunión da Comisión Municipal de seguimento

O Concello de Xinzo acaba acordar a creación dun servizo de localización e axuda as persoas que viven soas e sen autonomía como parte do seu plan para frear a propagación do coronavirus no termo municipal. O obxectivo é facilitarlle o acceso á compra de alimentos, produtos de primeira necesidade e medicamentos.

Para a súa localización, ademais de recorrer ao rexistros dos Servizos Sociais municipais, o Concello solicitará información a todos os pedáneos e asociacións de veciños dos pobos do municipio, aos que hoxe mesmo se empezou a chamar.

A inversa, calquera persoa nesta situación deberá poñerse en contacto co Concello de Xinzo para solicitar esta axuda. Os teléfonos habilitados para tan fin son o 629 69 11 13, de Servizos Sociais, e o 629 47 08 12, de Protección Civil, que serán quen se encargue da coordinación de este novo programa municipal.

Este acordo foi adoptado hoxe na primeira reunión da Comisión Municipal de Seguimento do coronavirus en Xinzo, que quedou constituída tras o Decreto de Alcaldía firmado onte por Elvira Lama.

A alcaldesa de Xinzo decidiu, ademais, darlle entrada na comisión aos dous grupos da oposición, que se suman así o grupo de goberno, o inspector xefe da Policía Local, o responsable de Protección Civil e a secretaria municipal.

A Comisión tamén fixo unha avaliación positiva da reorganización dos servizos municipais, que entrou en vigor hoxe e que están permitindo manter o funcionamento dos servizos esenciais.

 

Igualmente, a Comisión acordou reiterar o chamamento a que a xente se quede nas súas casas e ao estrito cumprimento do Real Decreto do Estado de Alarma en canto ao peche de establecementos.