Xinzo de Limia

O concello realizou varias actuacións cunha inversión de máis de 35.000 €

IMG-20181205-WA0000
Alumnado de clarinete do Conservatorio

CLARINETE BAIXO PARA O CONSERVATORIO

O Conservatorio Profesional Municipal está de estrea, o Concello mercou estes días un clarinete baixo cun valor de case 8000€ subvencionado case na súa totalidade pola Deputación Provincial. Esí queda cumplida unha petición feita tanto pola dirección do centro como polo alumnado da especialidade de clarinete.

MEGAFONÍA PARA O PAVILLÓN

Cunha inversión de máis de 6.000 €, esta semana quedou instalada a  megafonía do polideportivo municipal da vila. O 100% da inversión correu a cargo da Deputación Provincial.

NOVA CALEFACCIÓN PARA A CASA DA CULTURA

Nestes quedaron rematadas as obras de cambio de calefacción na primeira planta da Casa da Cultura da vila. A biblioteca, o despacho dos técnicos, a Aula CEMIT e varias aulas máis utilizadas para diferentes actividades entre a que se encontra a da Escola Rural de Saúde da Limia, contarán xa cunha calefacción  máis estable. A inversión foi de máis de 12.000 €, achegados entre o propio Concello e a Xunta de Galicia, estará conectada a calefacción central do edificio.

ACONDICIONAMENTO ACCESO GRADA DA MOREIRA

A brigada municipal de obras estivo nestas semanas estivo acondicionando o acceso da grada da Moreira, baños  e  bar, cunha soleira de hormigón a mesmo nivel para poder acceder a eles.

PISTA DE SALTO E FOSO DE LANZAMENTO

Antes de rematar o verán, tras solicitude do club de atletismo A. D. Limiactiva, o Concello acondicionou unha pista de salto de lonxitude e un foso de lanzamento na zona entre a piscina climatizada e as piscinas exteriores, cun coste de case 6000€ sufragados integramente polo propio Concello