Xinzo de Limia

O Concello reitera a prohibición de deixar na vía pública residuos voluminosos ou refugallos

Un Bando municipal reitera os horarios de entrega de residuos voluminosos e/ou refugallos no punto limpo, situado no Parque Empresarial, ao tempo que lembra a prohibición de deixalos na vía publica sen autorización previa.

Os horarios para e entrega no punto limpo son os seguintes:

Mércores: de 17:00 a 19:00 horas.
Xoves: de 17:00 a 19:00 horas.
Sábados: de 10:00 a 14:00 horas.
Para a retirada de residuos voluminosos a domicilio hai que chamar aos seguintes teléfonos do Concello: 988550111 ou 661724481