Xinzo de Limia

O Concello entrega ao personal sanitario viseiras protectoras feitas cunha impresora 3D no CEIP Rosalía de Castro

WhatsApp Image 2020-04-02 at 19.46.48
WhatsApp Image 2020-04-02 at 19.46.48

O Concello de Xinzo, en colaboración co CEIP Rosalía de Castro está a repartir pantallas protectoras contra o coronavirus feitas con impresoras 3D no centro educativo.

Do proceso de producción ocúpanse os propios profesores. Ao dispor de unha soa impresora, o ritmo de producción é de 4 ao día, polo que ata o día de hoxe poideron facer unha ducia. Ainda así, xa fixeron a primeira entrega ao personal sanitario do Centro de Saúde.

Ao igual que ocorre co dispositivo de desinfección levado a cabo cos tratores dos agricultores locais, a alcaldesa de Xinzo de Limia, Elvira Lama, puxo esta colaboración co colexio Rosalía de Castro como exemplo de unidade de todo un poco na loita contra a propagación do coronavirus.

Esta iniciativa súmase á que tamén impulsou o Concello coincidindo coa declaración do Estado de Alarma, pola que máis de 30 persoas están a facer nas súas casas mascarillas para quen poda precisalas. Ata a data, foron entregadas máis de 2.000, maioritariamente a persoal municipal,  traballadores e traballadoras dos negocios que seguen abertos e que non podían acceder as mascarillas homologadas debido a súa escaseza ou particulares.

Ademais, empresas particulares nun número moi importante están tamén doando mascarillas, batas e gorros de un so uso para o persoal sanitario do Centro de Saúde de Xinzo.