O Concello de Xinzo arranxará o peche perimetral do CEIP Rosalía de Castro coincidindo coas vacacións de verán
Despois de comprobar sobre o terreo as deficiencias do peche perimetral do CEIP Rosalía de Castro, o Concello de Xinzo anunciou que levará a cabo o seu arranxo coincidindo coas vacacións de verán. A alambrada do muro atópase en moi mal estado e precisa unha actuación urxente. Tamén se prevén levar a cabo obras nalgunhas das aceiras do interior do centro. A alcaldesa, Elvira Lama, acompañada dos concelleiros Rafa Penabad, Ramón Gómez e Amador Díaz, visitou as instalacións. Os representantes do executivo local reuníronse co director do CEIP, José Manuel García, para valorar os traballos que deberán levarse a cabo nas próximas semanas.