O Concello de Xinzo comezará a substitución de 4.610 vellas luminarias por LEDs coa instalación de 615 no casco urbano
O primeiro paso para a substitución de 4.610 vellas luminarias por LEDs na vila de Xinzo de Limia xa está dado. O Concello vén de recibir, por parte do Goberno central, a confirmación da aprobación do primeiro dos sete proxectos que conseguirán rebaixar considerablemente a factura da luz do municipio. Concretamente, o Instituto para a Diversificación e Aforro da Enerxía da luz verde para o cambio a tecnoloxía LED de 615 puntos de luz do casco urbano.
Esta primeira inversión terá un presuposto de 274.866 euros, aportando o Estado un total de 219.893 euros. Para a substitución de 4.610 vellas luminarias deste ambicioso proxecto, o ente público nacional aportará o 80% (1.495.000 euros), mentres que o 20 % restante, que supón unha cifra de 375.000 euros, correrá a cargo das arcas municipais. En calquera caso, para a confirmación da axuda a entidade local tivo que comprometerse á financiación do 100% da inversión (é dicir,1,87 millóns de euros).
A actuación, a desenvolver en dous anos e a través de 7 proxectos, suporá o cambio das lámpadas de todo o alumeado público do termo municipal, tanto da vila como dos 32 núcleos de poboación. O aforro será de case un 70% sobre a factura actual anual, que se eleva ata preto de 258.500 euros. As actuais luminarias municipais son de 100 vatios e apenas iluminan, o que é motivo frecuente de queixas entre a veciñanza.
A alcaldesa de Xinzo, Elvira Lama, recibe con satisfacción a concesión da primeira axuda das sete solicitadas para substituír todas as luces públicas do Concello por LEDs: “Celebramos este primeiro paso que nos permitirá reducir nun 70% a factura eléctrica, adicando estes recursos a outros fins. Según Lama, esta actuación “coa que pasarenos de xeito paulatino a LEDs todas as luces do municipio, ten a consideración de prioritaria para este goberno”.
Menos contaminación ambiental e mellor calidade de iluminación
Ademais, cómpre destacar que coa substitución dos puntos de luz non só se aforra na factura, senón que a calidade da iluminación aumentaría e a contaminación ambiental sería moito menor ao reducirse as emisións de CO2, un aspecto ao que o executivo local de Xinzo lle concede unha especial relevancia.
O Instituto para a Diversificación e Aforro da Enerxía (IDAE) ten entre as súas funcións a financiación de proxectos e o desenvolvemento e xestión de programas de axudas públicas que afectan aos principais sectores consumidores de enerxía. A orixe dos recursos que xestiona proveñen, fundamentalmente, de Fondos Feder, o Fondo Nacional de Eficiencia Enerxética e do presuposto do Estado, así como a Financiación do propio Instituto.