O Concello organiza dous torneos virtuais de videoxogos para máis de 500 participantes da comarca
O Concello de Xinzo adéntrase por primeira vez e durante 4 sábados no mundo dos torneos virtuais de videoxogos, concretamente de Fortnite e FIFA. A través dunha plataforma de organización de torneos, desenrolaranse o 20 e 27 de marzo e o 10 e 17 de abril, sempre en sábado e en ambos caos en horario de 16:00 horas a 21:00 horas.
O primeiro torneo, que comezará xa o próximo sábado e rematará o 27 de marzo, será do famoso videoxogo de simulación de fútbol FIFA 20/21. O torneo Fortnite terá lugar en abril, os días 10 e 17, no mesmo horario.
A inscrición será gratuíta, por rigorosa orde de formalización e restrinxida a participantes de Xinzo de Limia e dos concellos limítrofes, salvo que nos tres últimos días quede aínda algunha praza vacante, que entón abrirase ao resto da provincia.
Recibirán premios os 8 primeiros clasificados en cada un dos torneos. En total, haberá 256 prazas para ambas competicións, máis de 500 entre as dúas, debendo realizarse a inscrición na plataforma https://esports.eventosbgp.com.
As partidas serán retransmitidas por streaming.
É a primeira vez que que o Concello de Xinzo, a través da Concellería de Deportes, dirixida por Rafa Penabad,organiza unha actividade deste tipo, que espera repetir e incluso facer nun futuro de xeito presencial, unha vez que a pandemia quede atrás.