Xinzo de Limia

Concentración en repulsa polo crime de Valga e en solidariedade coas vítimas e as familias

Mañá, martes 17 de setembro, ás 12:00,  levarase a cabo un minuto  de silencio diante do Concello de Xinzo   en repulsa polo crime ocorrido na localidade pontevedresa de Valga e en solidariedade coas vítimas e as súas familias.

Dende a alcaldía prégase a presencia de todos os veciños e veciñas que poidan achegarse para mostrar a total repulsa do noso Concello a este e calquer outro acto de violencia machista.