Xinzo de Limia

Confederación e Concello investirán preto de 1,5 millón de euros nas obras para eliminar os residuos do río Limia e humanizar o entorno

río Limia
río Limia

A colaboración entre a Confederación Hidrográfica Miño-Sil e o Concello de Xinzo volverá a dar os seus froitos nun proxecto de gran envergadura: a eliminación dos vertidos do río Limia e a humanización do seu entorno. Ambas partes firmarán un convenio no que se establece a cofinanciación dunha actuación que suporá unha inversión de 1.420.000 euros. A CHMS aportará o 80% do presuposto total e a administración local o 20%. Así, o organismo de cunca comprométese a levar a cabo as obras necesarias nos terreos que a entidade local porá a súa disposición.

Mediante este acordo, determínanse as condicións para a colaboración do Concello e a Confederación na execución duns traballos que permitirán a recollida dos vertidos sen depurar ao río Limia e a súa canalización a un pozo existente da rede municipal, no parque do Toural, que os levaría á EDAR. Paralelamente, estableceranse as actuacións precisas para mellorar as condiciones de mobilidade na zona, a través de senda peonil e carril bici, en ambas beiras do río entre a estrada de Baltar e a ponte da calle Sitibal.

Para a eliminación dos vertidos empregarase unha tecnoloxía que permitirá o cruce subterráneo do río Limia. Máis en concreto, as obras de saneamento consistirán na recollida de vertidos da zona do antigo matadoiro, de construcións na marxe da estrada de Baltar e Avenida de Portugal, así como outros vertidos de construcións na marxe esquerda do río Limia, incluída a zona das piscinas municipais, pavillón e resto de instalacións deportivas municipais. Canalizaranse ata un pozo existente no parque do Toural, dende onde se transportarán á EDAR.

Unha vez eliminados os vertidos, urbanizaranse as dúas marxes. Continuarase un carril bici con senda peonil nas dúas marxes, entre a ponte da estrada de Baltar e o da rúa Sitibal no parque do Toural.

Que o veciños e veciñas de Xinzo de Limia volvan a vivir de cara ao río é o obxectivo do Concello e da Confederación Hidrográfica Miño-Sil para levar a cabo esta actuación. A alcaldesa, Elvira Lama, asegura que “con este proxecto facemos unha aposta pola mobilidade e polo medio ambiente, o que suporá un cambio significativo da imaxe do entorno do río ao seu paso pola vila”.