A Conselleira de Política Social, Fabiola García, reuniuse co alcalde de Xinzo, Manuel Cabas e co Parlamentario Carlos Gómez
Fabiola García destacou o incremento de preto dun 90% no último ano do servizo de axuda no fogar en Xinzo
O aumento producido eleva as horas desta prestación ata as 35.388
A conselleira de Política Social, Fabiola García, destacou a aposta da Xunta no concello de Xinzo de Limia por avanzar nos coidados ás persoas de máis idade a través de medidas como o Servizo de Axuda no Fogar (SAF). Fíxoo tras a xuntanza que mantivo co alcalde desta localidade, Manuel Cabas, que serviu para repasar os recursos e programas que este departamento autonómico ten en funcionamento co municipio.
Fabiola García resaltou o notable incremento no último ano das horas de axuda a domicilio postas a disposición do concello no último ano. Un aumento de preto do 90% que o eleva o total de horas anuais habilitadas ata as 35.388.
Con esta medida, a Xunta está a poñer os recursos necesarios para que os maiores que así o prefiren poidan seguir vivindo nas súas casas e coas súas familias. Nesta liña, apuntou que Galicia seguirá sendo unha referencia en coidados no fogar. De feito, nos últimos meses incrementáronse 1,5 millóns de horas de SAF, unha prestación da que na actualidade se benefician máis de 22.600 persoas dependentes.
Por último, Fabiola García e o alcalde de Xinzo de Limia acordaron continuar con esta liña de colaboración e diálogo institucional na procura de que os veciños e veciñas desta localidade ourensá teñan á súa disposición uns servizos e recursos sociais próximos e de calidade.