Xinzo de Limia

O conselleiro José González visitou onte o Concello reuníndose despois con varios colectivos agricultores e gandeiros

Anunciou a inversión de  4,3 millóns de euros para seguir avanzando na modernización dos regadíos da Limia

IMG_6055

O Conselleiro foi recibido nas portas da consistorial polo alcalde Manuel Cabas  e Carlos Gómez parlamentario galego en representación do grupo de goberno  e Elvira Lama portavoz dos socialistas na corporación.

En primeiro lugar pasaron a sala de Xuntas do Concello onde mantiveron unha reunión de traballo acompañados do Director Xeral, Miguel Pérez Dubois no que pasaron revista a temas municipais, relacionados coa Consellería de Medio Rural.

No capítulo de investimentos por parte da consellería trataron o do mantemento das pistas de concentración así como as limpezas das cunetas e canles de rego. O Alcalde fíxolle un plantexamento para o campo da feira, do traslado da báscula e da motobomba.

IMG_6061

Segúndo manifestou o alcalde, todas as peticións feitas polo concello, foron ben recibidas polo conselleiro e espera que en pouco tempo se empece a traballar nelas para desenrolar os proxetos, que o propio conselleiro viu como interesantes e factibles a corto prazo.

 Unha vez rematada a reunión na consistorial o conselleiro e os seus técnicos comezaron un “tour” para recibir de primeira man as solicitudes e os prantexamentos dos distintos colectivos de gandeiros, agricultores así como o Instituto do Campo a IXP e a Asociación ADEGAL, así como unha reunión cos membros da directiva do GDR-10, dependente da súa Consellería. Durante todo o día estivo acompañado por Carlos Gómez e o alcalde Manuel Cabas.

O conselleiro marchouse gratamente sorprendido pola sintonía que tivo con todos os colectivos visitados e pola imaxe que levou da nosa comarca.

Esta foi a valoración feita por Carlos Gómez, persoa que foi a que aos poucos días da toma de posesión do novo conselleiro e ante a petición dos dic¡versos coletivos organizou esta visita, acompañándoo a todos os sitios. Creo que todos os coletivos, segundo me manifestaron quedaron gratamente sorprendidos pola sintonía que houbo en todas as reunión cos plantexamentos de todos eles e coa idea que quere transmitir o conselleiro dende a súa consellería do que deben ser os sectores produtivos primarios, dos que a Limia e punteira en Galicia.