Xinzo de Limia

Demostración in situ, coa posibilidade de adquisición por parte do Concello

Elvira Lama e os concelleiros de Medio Rural e Servizos Públicos Estruturais  Amador Díaz e Rafa Penabad, desprazáronse esta mañá ata Trandeiras, onde estaba a traballar unha desbrozadora da Deputación que ten acoplado ao “brazo” un cabezal con discos para poder facer unha poda e limpeza dás árbores e setos, moito máis limpa e ecolóxica.

O concelleiro Amador Díaz explicoulle a alcaldesa o funcionamento e solicitou da alcaldesa que faga as xestións de cara a acadar un destes cabezais, que se lle poden acoplar a calquera das tres últimas desbrozadoras que xa ten o Concello, podendo facer máis traballo e menos tempo.

                               Aínda que nestes momentos as arcas municipais non teñen partida orzamentaria para a súa adquisición, tratará de solicitala a outra administración, posto que como todos saben o Concello ten moitos quilómetros de pistas, e para as de concentración, sobre todo, sería moi aconsellable, por eficiencia e rapidez.