Xinzo de Limia

1ª ROLDA DE PRENSA DE ELVIRA LAMA

Elvira Lama presenta o 1º Plan de limpeza e desinfección integral urbana

Non foi unha tarefa fácil, o  chegar aquí absorbeunos unha chea de horas. 

IMG_20190705_122129
Elvira Lama na presentación do plan

Para acometer este plan contaremos cos recursos con que conta o  Concello, ademais doutros que nos achegarán tanto a Deputación como empresas externas.

Todo isto debido ao estado lamentable en que se atopa,  non só a zona urbana de Xinzo se non tamén os pobos, dito dunha maneira que todos poden entender de “ roña” todo pola desidia e deixamento dos gobernos, non só o anterior, por aplicar unha política de goberno, ao noso entender equivocada.

Nós partimos de que o primeiro que hai que ter é amor e agarimo cara ao pobo , para así acometer accións que o leven a ser un pobo bonito e agradábel no cal non só queiramos vivir nós, se non que sexan outros os que queiran vir vivir aquí e a xente que nos visite queira volver.

Todo isto é unha cuestión de saúde, publica, pero tamén persoal. Os veciños non nos merecemos o estado de abandono que teñen os parques, as rúas e non falemos xa do  entorno dos pobos e os seus accesos.

Non nos merecemos ter recursos sen utilizar, como eran as rozadoras, tendo catro, só traballaba unha. Non nos merecemos que os traballadores do Concello das dúas brigadas digan que moitas veces non había ordenes concretas de traballo… ademais de non ter o material necesario  EPIS para realizar o seu labor. Moitas destas deficiencias eran por non recibir as ordes necesarias e concretas do “político de quenda"

LIMPEZA INTEGRAL EN TRES FASES

Este plan de limpeza levaráse a cabo a partir do luns próximo día 8 cunha duración de 5días en tres fases ben diferenciadas.

Perímetro exterior de Xinzo, no cal actuarán todas as rozadoras e medios mecánicos, nas pistas onde hai vivendas unifamiliares que dan acceso ao centro urbano.

2º Perímetro. Con medios propios do  concello, con persoal tanto da brigada de obras como a de medio ambiente para acometer a limpeza e o  baldeo das rúas do pobo. Aquí contaremos tamén cun equipo da Deputación Provincial, coa cal acabamos de asinar un convenio para con camións de  baldeo actuar en Xinzo dous días por semana, que non teñen por que ser fixos.

3º Perímetro. Este será toda a contorna do casco antigo, con todas as rúas e prazas que están empedradas. Praza  Maior, Carlos Casares, Oriente, Marcelo  Macias, Otero Pedraio,  C/ Lepanto, etc. Todo o centro da vila. Este traballo realizarao unha empresa externa con dous camións  hidrantes, con dúas varredoras grandes e con dúas  hidro lavadoras con 8 persoas traballando. Estes traballos realizaranse maiormente a partir das 5 da mañá, polo que solicitamos a comprensión de todos os veciños, aos cales tamén lle pedimos a colaboración, para que unha vez limpo, contribúan a mantelo así o maior tempo posible. A partir de finalizado este traballo de impacto, serán os medios do  concello os que continúen co seu traballo habitual de mantemento da limpeza.

Insiste Elvira lama en que isto só é unha medida de choque, a partir de aquí, teremos que manter o pobo limpo co cal o primeiro é falar co persoal responsable do  concello.

Todos estes traballos realizaranse simultaneamente, para deixar este pobo minimamente adecentado, non como quixésemos e merécense os nosos veciños, co cal deixaremos a vila nunhas condicións mais ou menos óptimas para as próximas festas patronais.

A partir de aquí os traballos cotiáns serán encamiñados a manter, para o que teremos que implicar primeiramente ao persoal responsable da limpeza para explicarlles, implicarlles, motivarlles pedirlles que todos eles formen parte deste proxecto. Na reunión que manteremos con posterioridade a esta rolda de prensa entre os traballadores o concelleiro correspondente e eu mesma dirémoslles que aí fóra temos uns veciños que están a esperar por nós, polos políticos, pero tamén polos traballadores. Esta é a única forma en que todos sairemos gañando, en saúde laboral e persoal.

DATOS TÉCNICOS:

Máis de 25  Persoas dás distintas brigadas e dá empresa contratada

2  Camións cisterna

3 Varredoras

3  Hidro lavadoras

Motobomba  do  Concello

1 Camión de Deputación para  baldeo (2 días semana)

3 Rozadoras

Tamén fixo mención a alcaldesa, no momento de nomear as rozadoras á noticia aparecida nalgún medio da compra por parte do  Concello dun tractor rozadora, contestando rotundamente que ninguén do grupo de Goberno dese esa noticia e que efectivamente ese tractor foi adquirido polo concello no mes de outubro pasado cun financiamento ao 100% @de la Xunta de Galicia.