A fachada do Concello de Xinzo mudará de cor esta noite
Para conmemorar o día Internacional das enfermidades raras
![87905419_661835041227746_8285673924725833728_o](/asset/thumbnail,992,558,center,center/media/xinzodelimia/images/2020/02/29/2020022915104860658.jpg)
Con motivo do Día mundial das enfermidades raras, iluminouse o Concello de cor azul. Cada ano o último día de febreiro está dedicado a este tipo de enfermidades, para recordar que se necesitan diagnósticos rápidos, tratamentos eficaces e moita máis investigación. O concello de Xinzo quere amosar deste xeito a solidariedade coas persoas afectadas por algunha destas enfermidades, e o mesmo tempo “visibilizar” e sensibilizar a poboación na comprensión cara estes pacientes con este tipo de doenzas!
No marco do Día Mundial das Enfermidades Raras, este ano 29 de febreiro, e coincidindo coa celebración do seu 20 aniversario, a Federación Española de Enfermidades Raras (FEDER) lanzou a campaña `Crecer contigo, a nosa esperanza´ . Unha iniciativa que pon o foco nos tres eixos que marcarán o 2020: investigación, transformación social e servizos.