Xinzo de Limia Concello

A Garda Civil celebebrou a festividade da súa patroa a Virxe do Pilar tamén en Xinzo

Elvira Lama presidiu os actos por parte da sociedade Civil
Pilar 1

Á invitación da Garda Civil acudiron ademais da alcaldesa de Xinzo Elvira Lama, acompañada de case todos os membros da corporación local moitos dos alcaldes da comarca, Porqueira, Sandiás  Baltar e Rairiz de Veiga, así como o parlamentario galego Carlos Gómez.

Pola banda das forzas de seguridade presidía o acto o Tenente José Luís Casas, comandante de posto de Celanova-Xinzo, así como o Xefe da policía Local de Xinzo e  o representante do GNR de Portugal Sarxento  xefe  Víctor Estevez comandante do posto da GNR en Montalegre.do posto .

A entrada da igrexa foron recibidos polo párroco D. Jaime, que sería o que oficiaría os servizos litúrxicos na honra da Virxe do Pilar.

Pilar 2

Rematada a misa solemne, cantada pola coral limiá Antioquía, os invitados desprazáronse ata o cuartel que a benemérita ten en Xinzo para departir con todos os invitados cunha degustación de polbo e demais petiscos regados con viño da denominación Monterrei.