Xinzo de Limia

O Goberno local autorizará aos hostaleiros a instalar carpas para paliar o efecto dos peches e limitacións

Reunión coa Asocaición Hostalaría. Carpas
A alcaldesa e o concelleiro de Promoción Económica, cos hostaleiros.

As terrazas estanse a converter no último recurso ao que pode aferrarse a hostalería para remontar unha situación cada vez máis difícil. Esta é a razón principal pola que o Goberno local decidiu autorizar a instalación de carpas de ata 24 metros cadrados (ou ben dúas de 12) aos negocios do sector que dispoñan de espazo suficiente para colocalas sen interromper o paso de peóns ou vehículos. Poderán facelo en canto se abra a hostalería.

A medida, negociada coa nova asociación de sector, está especialmente pensada para os negocios a carón de espazos públicos, en particular a Praza Maior e a Praza dos Ovos, a proposta dos propios hostaleiros. Pero tamén poderán acollerese a ela todos os negocios con espazo suficiente, previo informe municipal que autorice as carpas en cada un dos casos si se cumpren istes requisitos.

Tamén se autorizará a instalación de corta-ventos laterais nos toldos de todos os bares, cafeterías e restaurantes nos que sexa posible facelo sen sen afectar ao transito peonill ou rodado.

Agora, unha vez pechado o acordo nunha reunión que tivo lugar hoxe entre a alcaldesa, Elvira Lama; o concelleiro de Promoción Económica, Manuel Pérez e a Asocaición, o seguinte paso é elixir un tipo de carpa igual para todos os establecementos, tanto no modelo como na cor, buscando o homoxeneización e limitando o impacto.

Con anterioridade a esta decisión, o Goberno local xa adoptara medidas de apoio a hostalería, como a supresión da taxa de terrazas durante o pasado ano e tamén no actual, así como axudas directas de ata 300 euros para os hosteleiros (igual que ao resto de autónomos da vila) ou incluso a exención do pago da taxa de lixo, que está agora mesmo en estudio.