Xinzo tamén apagou as luces

O Concello sumouse á “Hora do Planeta” na tarde do sábado.Durante unha hora a casa Consistorial e a praza Carlos Casares, así como a rúa Curros Enriquez permaneceron totalmente a escuras.
Xinzo, foi despois da capital ourensá o único concello da provincia que secundou a iniciativa que a nivel de todo o planeta leva a cabo a asociación WWF.