Xinzo de Limia

A inversión no regadío recuperará o acuífero, os ecosistemas, dixitalizará a produción e mellorará a calidade da pataca

regadío1
regadío1

Xa o manifestou o presidente da Sociedad Mercantil Estatal de Infraestruturas Agrarias (Seiasa), Francisco Rodríguez Mulero:“Este es el último tren y hay que subirse”. As súas palabras facían referencia á inversión para a mellora dos regadíos, que ascenderá a 35 millóns de euros. A actuación foi impulsada o Goberno central no 2008 e recuperada polo actual goberno de España pola importancia que terá para o sector na comarca. Neste sentido, Rodríguez Mulero destacou que esta actuación suporá a recuperación do acuífero, a mellora do ecosistema e da calidade na produción da pataca: “Esta obra va a permitir racionalizar el uso del agua y asegurar el acuífero para el futuro. Vamos a garantizar una actividad agraria importantísima. Se va a producir patata en mejores condiciones, a digitalizar y modernizar la producción y vamos a recuperar el ecosistema”.

La alcaldesa, Elvira Lama, sinalou que este proxecto “fará realidade unha infraestrutura imprescindible para o noso sector”. A rexedora insistiu en que “será un investimento crucial para que a nosa agricultura teña perspectiva de futuro”. Tamén quixo recordar que os pasos para desenvolver este proxecto comezaron no 2008 co goberno e que será agora, co actual Goberno, cando se poña en marcha”.

En canto aos prazos, Rodríguez Mulero asegurou que será unha realidade antes de 2026 : “Se trata de un proyecto que lleva dormido desde el 2010, que se rescató y que ya asciende a 35 millones de euros”. A previsión é que antes do verán de 2024 comecen as obras”. Mulero tamén puxo en valor a colaboración da Xunta de Galicia.

Ambos remarcaron a transcendencia desta inversión, que non so implica e afecta á produción de pataca e amplía o abano de cultivos posibles na Limia, senón que implicará a recuperación e afianzamento do acuífero, hoxe moi afectado, e do ecosistema.

Pola súa banda, o subdelegado do Goberno en Ourense, Emilio González Afonso, indicou que se hai anos que se está a traballar nesta actuación, con múltiples reunións coas comunidades de regantes e engadiu que “o orzamento inicial era a metade do actual”.

Na reunión desta mañá, que tivo lugar no salón de pleno do Concello de Xinzo, é a primeira na que participa todo o sector, pois ademáis das comunidades de regantes tamén participaron nela os almacenistas e   transformadores, ademáis do presidente da Indicación Protexida Pataca de Galicia, José Manuel Gómez.

Ao remate da mesma, todo fixeron unha valoración moi positiva da mesma, ata o punto que pola tarde quedaron para manter una segundo encontro, xa so cos regantes, para seguir abundando no proxecto.

Tamén visitaron un dos pozos que está a construír a Xunta de Galicia para o regadío.