Xinzo de Limia

Manuel Cabas visita ao Concelleiro de Sanidade

Informoulle das obras de melloras no centro de saúde de Xinzo

CABAS CON CONSELLEIRO DE SANIDADE
Manuel Cabas co Conselleiro de Sanidade

Hoxe pola mañá o Conselleiro de Sanidade recibiu no seu despacho ao alcalde de Xinzo Manuel Cabas para lle informar de que a semana que ven comezarán as obras solicitadas polo rexedor na visita que fixera ao centro co gallo da entrega do premio pola atención aos enfermos de cancro pola sociedade de atención primaria no mes de abril deste ano.

Alí mesmo no percorrido o que naquel momento era tenente de alcalde, hoxe xa alcalde, solicitoulle ao conselleiro unha serie de melloras no centro.

30. 371 € custarán as obras de acondicionamento

Esta mañá o Conselleiro informou persoalmente ao alcalde de que as obras de adecentamento comezarán a semana que ven, tanto na estrutura externa do edificio como no seu interior.

Quedou pendente unha pequena reforma do habitáculo da sala de raios X, posto que é intención do SERGAS de instalar un novo equipo no ano que ven, co cal, xa se fará a reforma do local.

O alcalde manifestase satisfeito, pola  súa faceta como rexedor municipal,  e como non pola outra de médico do servizo de urxencias que ten que usar a diario esas instalacións, así como polos veciños e usuarios do servizo.