Mañá martes día 19 de novembro abre as súas portas a 1ª Feira do Agro da Limia ALIMAGRO 2019

Organizada integramente dende o Concello esta feira conta coa presenza na súa primeira edición e primeira parte dedicada ao agro e os seus produtos con máis de 20 expositores.
A inauguración estará presidida pola alcaldesa Elvira Lama que estará acompañada polos concelleiros de Medio Rural e Promoción Económica ademais do resto dos membros da corporación, aos que acompañarán entre outros o Presidente do INORDE, da IXP Pataca de Galicia, os directores de COREN E AGACAL e o parlamentario galego Carlos Gómez.
Tamén anunciaron a súa presenza os alcaldes de Calvos de Randín, Sandiás, Trasmiras, Vilar de Santos, Sarreaus e Vilar de Barrio.
ALIMAGRO 2019- MAQUINARIA
A segunda parte da feira será de exposición de maquinaria agrícola e estará emprazada na explanada do Toural dando comezo o día 21 e rematando o domingo 24.