O Memorial Eloy Conde recordará esta fin de semana ao exentrenador limiao cun torneo que pretende ser un referente do fútbol infantil
Na programación deportiva de verán elaborada polo Concello de Xinzo hai unha datada marcada polo seu valor sentimental. O 18 de setembro celebrarase a segunda edición do Memorial Eloy Conde, que recordará ao exfutbolista e exentrenador das categorías inferiores do Antela FC, falecido no 2019. O torneo terá o Complexo Deportivo de A Moreira como escenario e os protagonistas serán os nenos das categorías infantís. O torneo terá formato triangular.
A partir das 10.00 horas comezarán os encontros. No primeiro deles enfrontaranse o Ourense C.F. e o E.D.C. Xinzo. Unha hora máis tarde xogarán o R.C. Celta e o Ourense C.F. O acto memorial está previsto para minutos antes das 12.00 horas, se ben para as 13.00 horas organizouse a entrega de premios. Ás 12.00 horas xogarán o E.D.C. Xinzo e o R.C. Celta.
Conde, natural do lugar de Damil, destacou por ser un dos pioneiros do fútbol na comarca da Limia. Polo seu carácter humilde e traballador, foi uno veciño moi querido na vila, polo que o Concello de Xinzo, a través da concellería de Deportes, quere renderlle homenaxe con memorial que se pretende que sexa un torneo anual e un referente para as pretempadas do fútbol infantil.