Nova sede de Cruz Vermella en Xinzo, nun local cedido polo Concello
Cruz Vermella conta cunha nova sede para a súa Asemblea Comarcal na Limia.
Situada nas galerías comerciais Multicentro da Rúa Río Arnoia (número 14, local 15), as novas instalacións facilitarán o labor do voluntariado para atender as necesidades das persoas máis vulnerables da comarca, converténdose nun espazo de convivencia, tolerancia e inclusión.
O cambio tivo lugar grazas á cesión do local por parte do Concello de Xinzo. A alcaldesa de Xinzo, Elivira Lama, afirma que “Cruz Vermella fai sempre e en todas partes un traballo impagable e imprescindible, pero agora moito máis debido á crise socioeconómica derivada da pandemia”, remarcando que “neste goberno van atopar sempre apoio e colaboración, por iso é polo que non vacilásemos nin un só segundo á hora de decidir a cesión deste local”.
Ferreiro sinala que “a nova localización e instalacións favorecerán unha mellor resposta ás necesidades da comunidade e ao desenvolvemento dos proxectos sociais. È un exemplo da aposta da organización por asumir novos retos para seguir sendo fieis ao noso lema, Cada vez máis preto das persoas”.
Ademais, agradeceu especialmente a Lama a súa colaboración, que se suma ao apoio do resto de administracións públicas e ás achegas das persoas socias ou colaboradoras.
“Un recoñecemento especial é para o voluntariado e Comité Comarcal da institución, polo seu traballo diario e implicación, aínda maior desde a chegada da pandemia”, apunta.
Desta forma ábrese unha nova etapa de traballo na Limia, marcada pola resposta fronte á COVID-19 a través do Plan Cruz Vermella Responde, así como pola contribución para alcanzar os Obxectivos de Desenvolvemento Sostible, a Axenda 2030, desde os distintos proxectos da institución.