Xinzo de Limia

Pleno extraordinario cheo de debate

Os membros da oposición solicitaron intervir , cando o alcalde levantaba o pleno

Instantánea - 291
Pleno extraordinario 21.02.19

O pleno extraordinario celebrado esta mañá (21.02.19)  no concello de Xinzo, no que se lle daba conta os membros do mesmo da dimisión da concelleira do PP Montse Lama, converteuse nun toma e daca entre os concelleiros do grupo da oposición e o portavoz do PP cheo de reproches por una e a outra banda.

Dúas foron as intervencións dos membros da oposición, cando en teoría non debería haber ningún debate, propiciado polo portavoz do PP Carlos Gómez ao facer alusión na súa intervención ao membro do BNG Ramiro Rodríguez, o que propiciou esa segunda rolda de intervencións que pechou o alcalde para manifestar que a concelleira presentou a súa dimisión voluntariamente e que ningún dos presentes no consistorio son imprescindibles, el en primeira persoa o mesmo que os demais membros de calquera partido.

Comezou o pleno coa lectura da carta de dimisión da concelleira Sr. Lama a petición de un dos membros da oposición posto que non a puidera “baixala” da aplicación do concello. A secretaria procedeu a lectura da mesma e despois solicitaron intervir os portavoces dos partidos presentes na corporación.

Por parte do BNG Ramiro Rodríguez  comezou dicindo que esta situación non fixo máis que constatar o que xa eles viñan dicindo fai moito tempo sobre a situación do partido popular no concello.”Todos deberían dimitir en pleno e marchar para a súa casa e os veciños deberían tomar nota do que está a pasar. Non quixo repetir os cualificativos que a Sra.. Lama transcribe no seu escrito.

Falou  despois o representante de Xinzo Adiante para manifestar que unha vez mais asistimos a un espectáculo bochornoso do grupo de goberno. Xa dixemos nestas elección a o pobo que estaban votando a un alcalde interino, como así foi. López Casas deuse conta que non era o mesmo ser un mandado que mandar. Na teoría era el o que mandaba, pero a práctica era tamen un mandado por iso colleu o mellor camiño, irse a atender ao seu neto.

As declaracións que fai a concelleira sobre vostedes, nin a oposición fomos capaces de facelas.

Xinzo Adiante estamos preparados para traballar por Xinzo para que a partir do 26 de maio este concello teña outro color político.

Comezou a súa intervención a Sra.. Lama cualificando de lamentable espectáculo a  carta de dimisión da concelleira. Agradeceulle non obstante as verbas que tivo de recoñecemento cara  ós membros da oposición. Continuou dicindo que esta carta chegaba tarde e constatar o que a concelleira di, sobre quen está a gobernar este concello.

Tamén lle di a dimisionaria, que si todo o que di na carta e verdade, o que ten que facer e levalo ao xulgado ou polo menos  poñelo en coñecemento da fiscalía para que actúe.

“canseime de intentar facer ver que as cousas se facían mal” Non é a oposición quen o di, e una concelleira do PP.

O único que esperamos é que nesta corporación se senten persoas que saiban, que poidan  e intenten levar ao concello de Xinzo os intereses públicos dos cidadáns e non os intereses privados, continuou diciendo a Sra. Lama.

Carlos Gomez, portavoz do PP tomou a palabra para contestarlle aos membros da oposición diciendo  en primeiro lugar non valorar o escrito de renuncia da súa compañeira porque ela é libre de facer o que estimara oportuno.

“Leccións da oposición, ningunha” matizou o Sr. Gómez primeiramente contra o representante do BNG. Vostede está aquí froito dunha renuncia en masa dos membros do seu partido. Non sei como se atreve a dar leccións neste sentido.

Continuou referíndose ao portavoz do XA para preguntarlle a que facción de Podemos, Mareas..etc está a representar non entendendo para nada o de que el vai a ser a solución para este concello. Non serán vostedes capaces, seguro que de agora en adiante haberá que facer gobernos de coalición, de coaligarse con ninguén para poder gobernar. Está no seu dereito de opinar que temos dificultades pero nos estamos seguros que o pobo de Xinzo volveranos a dar a súa confianza para poder gobernar en solitario.

A vostede Sra.. Lama solo lle pido coherencia. Non se sabe se será vostede aínda candidata polo seu partido, si será portavoz  nin que pasará no seu partido. Primeiro solucionen os problemas na súa casa. Soamente despois poderán ser alternativa. Non son quen de darnos ningunha lección.

Neste momento o alcalde iba dar por rematado o pleno pero o portavoz do BNG, solicitou outro turno de palabra por sentirse aludido polo portavoz do PP. O alcalde así o fixo e o Sr. Ramiro comezou a súa segunda intervención “votándolle en cara” ao portavoz por alusións de que empregara a táctica de que a mellor defensa é o ataque. Vostede está descolocado, eu fun elixido nestas últimas elección sendo cabeza de lista do BNG, partido no que milito dende sempre. Por outra banda, sempre recibiron un trato exquisito e respectuoso  dende a oposición, moito mellor do que están a recibir dunha concelleira do seu propio partido.

Non entendemos da concelleira que,quen forma parte do problema, non pode ser parte da solución. O único positivo é que solo faltan 3 meses que a cousa cambie.

Tomou a palabra a continuación o portavoz de Xinzo Adiante para matizar que eles son un partido político dende  22 de abril do 2015, formado por persoas libres aos que ninguén lle pregunta de donde veñen. En cambio vostede xa estivo en UCD;Coalición Galega;Centristas de Galicia e PP.

No seu turno de réplica a Sra.. Lama díxolle ao portavoz do PP, que era patético  respostar “i tu más”. As alianzas, non son malas e esta portavoz ten a súa folla de servizo intachable”. Estou neste partido dende que me afiliei no ano 2003 e cando deixe marcharei para a casa. Algo estará pasando no seu partido cando una compañeira súa dí cousas que non me atrevo a reproducir. Membros do meu partido xa foron membros do goberno deste concello e pasaron a oposición sen problema, oposición a onde os mandarán os veciños de Xinzo na próxima lexislatura.

Rematou o pleno coa intervención do alcalde nos termos reseñados ao principio.