Pleno de organización da nova corporación
Quedou conformado o pleno con tres grupos representando aos respetivos partidos (PP-PSOE-ÁXIL) e un grupo mixto.

Elvira Lama, alcaldesa de Xinzo polo PSdG-PSOE, presidiu o primeiro pleno, neste caso extraordinario e Urxente no que se levou a cabo a organización municipal para a lexislatura 2019/23.
TRES GRUPOS DE PARTIDOS E UN GRUPO MIXTO
A primeira das novidades aprobadas no pleno da sesión da tarde do luns (24) foi a de organizar os grupos municipais, quedando tres, composto polos concelleiros do PP; PSdG-PSOE e ÁXIL e un grupo mixto composto polos concelleiros de XA; BNG e Cidadáns. A portavocía de cada grupo vanna levar os cabezas de lista das municipais e a do grupo mixto recaeu en Montse Lama representante de Cidadáns.
REPARTO DE ÁREAS.
Elvira Lama ostentará ademais da alcaldía encargarase directamente das áreas de Persoal, Comunicación, Participación Cidadá e Igualdade.
As demais áreas de traballo repartíronse da seguinte maneira:
.- D. José Alberto Martínez Morales (PSOE)- Educación, Saúde e Servizos Sociais.
.- D. Rafael Penabad González (PSOE)-4º Tenente de alcalde- Servizos Públicos Estruturais, Deporte e Infraestruturas
.- D.- Ramiro Rodríguez Suárez (BNG)- 3º Tenente de alcalde- Cultura, Normalización Lingüística; Patrimonio; Mocidade e Novas Tecnoloxías
.- D.- Amador Díaz Penín (ÁXIL) 1º Tenente de alcalde e Medio Rural e Natural
.- D.- Ramón Gómez Salgado (ÁXIL) – Urbanismo e Mobilidade
.- D.- Manuel Pérez Campos (XA) -2º Tenente de alcalde - Facenda e Promoción Económica
A Xunta de Goberno estará formada , ademais da Presidenta, a alcaldesa, por Rafael Penabad; Amador Díaz; Manuel Pérez e Ramiro Rodríguez.
SESIÓNS PLENARIAS AS 19:00 CADA DOUS MESES
Outro dos puntos da orde do día que se aprobou cos votos a favor do grupo de goberno, en contra dos concelleiros do PP e a abstención de Montse Lama, foi o cambio de horario de celebración das sesión plenarias ordinarias que pasan a ser pola tarde, continuando a periodicidade dos dous meses.
Tamén se aprobaron as cuantías a recibir por cada membro dos diferentes órganos, Pleno, Xunta, comisión informativas e Portavoces a mesma que viña rexendo estes últimos catro anos de 150 € por sesión.
Por último aprobáronse os nomes dos distintos concelleiros que representarán ao concello nos diferentes órganos en que teñen representatividade e nos Consellos escolares dos centros educativos da vila.
Rematou a sesión, a que asistiu un nutrido número de veciños, co agradecemento por parte da alcaldesa a presenza de todos e dando a benvida a aqueles concelleiros que xa formaron parte doutras lexislaturas e que voltan a estar na “casa de todos”.