Xinzo de Limia

Recepción dás obras de asfaltado do parque empresarial

IMG_9679

Esta mañá a alcaldesa Elvira Lama acompañada de concelleiros do seu equipo  e dos técnicos de urbanismo do Concello, deron unha visita ás obras de asfaltado  de viais no parque empresarial de Xinzo ,  que fixo a Consellería de Economía , Emprego e Industria da Xunta de Galicia, cos técnicos responsables da realización dos traballos.

IMG_9671

Unha vez rematado o percorrido firmou as actas de recepción dás obras. Recordar que as obras tiveron un custe total de 145.562,37€  que foron aportados nun 70% con fondos da Xunta e o outro 30% con fondos propios do Concello.

Elvira Lama manifestou que no vindeiro ano acometeranse outras obras de acondicionamento no parque, porque a situación en que se atopan as infraestruturas, deixan moito que desexar.