Os Reis Magos xa estiveron en Xinzo
Onte, 17 de Decembro, durante a mañá as S.S.M.M. os Reis Magos de Oriente visitaron ao alumnado do CEIP “Rosalía de Castro” dende ás 9:30 ás 11:00 da mañá e posteriormente ao alumnado do CEIP “Carlos Casares” dende as 11:00 en adiante.
Recibiron aos diversos grupos de infantil e primaria que viñeron a saudalos, para animalos
Na súa tarefa escolar de cada día e preguntarlle polos agasallos que lles piden neste novo ano.
Especial momento no CEIP “Rosalía de Castro” foi a recepción ao grupo de atención especial de diversidade funcional, que se emocionaron moito ao recibir os agasallos que a dirección e profesorado lles tiña preparado. No CEIP “Carlos Casares” tamén tiveron os Reis Magos un momento moi especial, pois con una das aulas do centro escolar recibiron a un grupo de persoas da terceira idade de A Farixa que estaban en xornada de convivencia interxeneracional no centro. As persoas maiores emocionáronse moito ao ser recibidos e agasallados polos Reis Magos, xunto cos nenos e nenas. Antes un grupo de nenos e nenas agasallaron ás S.S.M.M. cunha fermosa panxoliña.
As súas maxestades, veciños de Xinzo de Limia, amosaron tamén a súa ledicia e emoción de participar voluntariamente nun acto que lles pareceu entrañable e sinxelo ao mesmo tempo,pero cheo de sentimento e ilusión.
A Alcaldía, a Concellaría de Educación e a Concellaría de Cultura do Concello deXinzo de Limia, agradecen de corazón esta boa dispoñibilidade e servizo, tanto das súas maxestades Os Reis de Oriente, como da dirección, profesorado e alumnado de cada un dos centros escolares.