Xinzo de Limia Concello

Rematou a estadía dos estudantes de intercambio franceses en Xinzo de Limia

Os  50 alumnos que xa levan aquí 7 dias foron recibidos, xunto cos seus compañeiros do IES Cidade de Antioquía pola alcaldesa de Xinzo e membros do equipo de goberno
12

A alcaldesa, Elvira Lama, falou en representación de todos os veciños de Xinzo de Limia.

10

Este ano é un pouco especial porque fai  10 anos que veñen realizando o intercambio  con este instituto francés. En palabras da alcaldesa, “agarda que a súa estadía fora o máis satisfactoria posible” e remarcou a hospitalidade das casas de acollida da Limia, que asegura trataron aos rapaces do mellor modo, cun cariño especial. Agarda tamén que os estudantes leven un bo recordo tanto de Xinzo como de toda Galicia e o seu regreso tanto para visitar o pobo como ás amizades que de seguro se formaron.

1O vindeiro mes de marzo serán os estudantes limiás os que visiten Francia, contando seguramente coa mesma hospitalidade. A alcaldesa deu por finalizada a súa intervención coa esperanza de que as ensinanzas recibidas axuden aos estudantes a pensar, decidir e ser libres e iguais. Tamén agradeceu aos profesores e profesoras que acompañaron aos alumnos nesa viaxe por fomentar actividades que axudan realmente a aprender.

Tiveron lugar tamén varias intervencións dalgúns estudantes que compartiron a estadía, tanto propios do lugar como de intercambio, asegurando polas dúas partes tanto o seu agradecemento como o bo recordo desta experiencia. Finalmente, unha das profesoras compartiu tamén a súa perspectiva, agardando que os alumnos vivisen unha semana agradable na compañía tanto de alumnos e profesores como de familias.

11

Antes de rematar o acto o alumnado francés recibiu unhas bolsas con agasallos representativos do noso Concello.