Reunión de traballo entre o Concello e empresarios do polígono empresarial
Pola parte do Concello estiveron presentes a Alcaldesa e os Concelleiros de Obras e Promoción Económica
Estivemos primeiramente escoitando as súas reivindicacións, que son moitas, e que levan anos demandándoas (Elvira Lama), anos nos que ninguén atendeu as demandas, agás esta última de remozado das principais arterias de entrada.(Elvira Lama)
SUBVENCIÓN DA XUNTA
O primeiro motivo da reunión foi o estudo de unhas subvencións da Xunta que se acaban de publicar para inversións nos parques empresariais para temas en concreto, por exemplo, seguridade, iluminación led etc. Ata un máximo de 120.000 € no que a Xunta achega o 80%.
Nos cremos que é importante o solicitalas e por iso chamamos aos empresarios para que nos indicaran cales son as súas prioridades. Segundo manifestaron os dous representantes do empresariado eles cren que o máis prioritario sería a instalación de cámaras de videovixiancia posto que neste momento a seguridade é primordial, posto que son moitos os camións que fan noite nas rúas do polígono esperando cargas para o día seguinte e con maquinaria que as veces queda fora.
Nos estamos a disposición dos empresarios e das súas demandas e si eles nos din que o máis urxente e necesario e este tema, faremos a solicitude de subvención para este tema, comentou Elvira Lama, como responsable primeira deste grupo de goberno.