Xinzo de Limia

Unha trintena de persoas conseguiron deixar o río Limia libre de lixo ao seu paso polo tramo urbano

río1
río1

O entorno do río Limia, ao seu paso polo tramo urbano de Xinzo, loce unha nova imaxe despois de que unha trintena de persoas se afanasen en deixalo libre de lixo. Os voluntarios retiraron decenas de sacos de residuos dentro da iniciativa “Móllate polos ríos” á que se sumou o Concello por terceiro ano. Promoveuse unha limpeza simultánea que se estendeu a 51 concellos de toda Galicia. O obxectivo cumpriuse na vila, que demostrou a súa concienciación ambiental. Máis en concreto, actuouse entre a ponte da rúa Sitibal e a estación de bombeo.