A USC elixe Xinzo para mostrar aos alumnos de Pedagoxía a convivencia entre culturas no municipio e o traballo en Servizos Sociais
Xinzo de Limia eríxese como un exemplo de convivencia entre culturas. A Universidade de Santiago de Compostela puxo o foco neste concello pola xestión que se fai na acollida dos migrantes chegados de diferentes países. Un grupo de estudantes de Pedagoxía visitarán o municipio mañá e coñecerán de primeira man esta realidade e o traballo que se realiza no departamento de Servizos Sociais. Así, está previsto que os alumnos se reúnan con orientadoras dos colexios e institutos e con técnicos de Educación do Concello.
Máis en concreto, os alumnos que se desprazarán ata o municipio cursan a materia de Pedagoxía Intercultural no segundo curso do Grao. Está previsto que as 11.45 horas sexan recibidos na Casa da Cultura e que se traten temas como a acollida de mozos e mozas migrantes nos centros educativos e as súas adaptacións; os plans de convivencia; as problemáticas derivadas da xestión cultural nos centros; o papel da orientación no ámbito da pedagoxía intercultural ou a relación entre centros educativos e administración local no eido da diversidade cultural, entre outros temas de interese. A intención é xerar debate e aprender daqueles profesionais que están inmersos na práctica pedagóxica e que tanto poden aportar ao alumnado.
Segundo á programación, ás 16.00 horas realizarase un encontro con técnicos de Educación do Concello de Xinzo de Limia e con asociacións de migrantes. Tamén se levará a cabo unha visita ao Museo do Entroido, a partir das 18.00 horas.
Está previsto que os alumnos participen no encontro acompañados de Alexandre Sotelino, profesor ourensán que foi elixido mellor docente universitario de España no marco do premio Educa Abanca.
Tal e como explicou o concelleiro de Servizos Sociais, Alberto Martínez, “Xinzo é un exemplo de convivencia de xente de diferentes países e culturas. Cómpre destacar tamén a colaboración do Concello coa USC para levar a cabo cursos para migrantes