Xinzo de Limia

Xinzo celebra este venres un pleno extraordinario para avanzar na declaración do seu Entroido como Festa de Interese Turístico Internacional

A sesión plenaria extraordinaria, que terá lugar este venres, día 30 de novembro, ás 17:00 horas servirá tamén para aprobar unha transferencia de crédito

IMG_6018

O rexedor municipal de Xinzo de Limia, Manuel Cabas, vén de convocar un pleno extraordinario da corporación municipal para este venres, día 30, ás 17:00 horas da tarde.

Nesta sesión plenaria prevese que se aprobe unha transferencia de crédito extraordinaria. Mais o punto realmente relevante desta convocatoria será a solicitude de declaración de Festa de Interese Turístico Internacional para o Entroido de Xinzo de Limia.

De facerse efectiva esta declaración, na que a institución municipal leva meses traballando, o noso entroido tería unha relevancia e publicidade moito maior alén das nosas fronteiras e ampliaríase o impacto desta celebración nos próximos anos.

A sesión plenaria, ao igual que todas, é aberta á veciñanza.