Xinzo de Limia

Xinzo celebrou o S. Sebastián patrón de Xinzo e da Policía Local

Procesión misa e comida oficial

1
1

Na mañá de hoxe a Policía Local de Xinzo con uniforme de gala procesionou ao seu patrón  partindo do Concello ata o grupo S. Sebastián para entrar logo na Igrexa Nova.

4

Á celebración oficial, procesión e misa solemne, asistiron representantes da corporación local encabezados pola alcaldesa Elvira Lama. O oficiante foi o párroco  D. Jaime Collazo. Ao longo da procesión o son puxérono a Banda de gaitas de Xinzo e a Agrupación Musical da Limia.

COMIDA OFICIAL

Rematados os actos litúrxicos a corporación local e os membros da Policía Local e invitados deron conta dun xantar nun restaurante do casco vello co que remataron os actos de celebración do día do patrón de Xinzo e dos membros da Policía Local.

652