Xinzo de Limia Concello

Xinzo multiplica a presencia policial ata o Martes de Entroido para evitar un repunte dos contaxios

O Concello lanzou dos vídeos nos que profesores, sanitarios, forzas de seguridade e goberno local piden máximo coidado á poboación. Policía Local, Garda Civil e ata Policía Autonómica e Nacional, co apoio de Protección Civil, vixiarán a celebración de reunións ilegais.

 

Reunión Operativo Policial Entroido
Reunión para o operativo policial do Entroido.

O Concello de Xinzo está votando o resto para que continúe e non se estrague a boa evolución da curva de contaxios no municipio, que hoxe rexistra 63 casos activos cando fai menos de 20 días (o 24 de xaneiro) estaba en 247

Para elo, ante a fin de semana grande do Entroido, dende mañá ata o próximo martes, mobilizou a profesores e profesoras dos centros públicos e do conservatorio, persoal sanitario, membros do goberno local e tamén a Protección Civil, Garda Civil y Policía Local. Representantes e membros de todos estes ámbitos participaron nun vídeo coral no que lle piden a toda a poboación que se coide porque o Entroido volverá, pero as vidas que se perdan por mor da pandemia, non

Xa a semana pasada, coincidindo co Domingo Corredoiro, tanto a alcaldesa, Elvira Lama, como a coordinadora do Centro de Saúde de Xinzo, Cristina Margusino, participaron nun primeiro vídeo no que ambas, desde as súas responsabilidades, insistían na mesma mensaxe de precaución e coidado.

E hoxe mesmo, a alcaldesa e o concelleiro de Tráfico, Ramón Gómez, mantiveron unha reunión de traballo cos responsables da Garda Civil, Policía Local e Protección Civil para planificar o dispositivo que se ocupará durante esta fin de semana das labores de vixilancia e control, prestando especial atención ás reunións non autorizadas e ás festas ilegais. 

Tanto a Policía Local como a Garda Civil duplicarán a súa presencia na rúa, tanto en número de efectivos como patrullas, e contarán ademais co apoio dos voluntarios de Protección Civil. Igualmente, durante a fin de semana incorporaranse de forma puntual a este dispositivo axentes da Policía Autonómica e da Policía Nacional que habitualmente fan traballos de vixilancia na fronteira.

Todas estas medidas, tanto as de concienciación a través das mensaxes lanzadas á poboación en formato vídeo e polas redes sociais, como as de vixilancia e as policiais, súmanse as adoptadas polo goberno local e comunicadas polos diferentes Bandos da Alcaldía publicados ata o de agora. Nos mesmos, advírtese da ilegalidade e as consecuencias que terá organizar festas ilegais, así como alugar locais para a súa celebración, con sancións que poden ir ata os 600.000 euros no caso de infraccións moi graves.