Xinzo de Limia

A Banda de Gaitas B campioa

No 2º grao do XI certame Celtibérico de Bandas de Gaitas celebrado en Vilariño de Conso

BANDA DE GAITAS B 2

No certame celebrado na  mañá do sábado 25 de xaneiro  en Vilariño de Conso a banda B da Escola Municipal de Gaitas e Percusión do concello de Xinzo proclamouse campioa  no grao 2 na 1ª fase, quedando outras dúas fases máis para rematar o campionato.

Neste grao 2º participaron seis bandas vidas dende Asturias, Ferrol e as outras da provincia.

BANDA DE GAITAS B 2

A segunda fase celebrarase en Quiroga o sábado de Semana Santa. A banda B esta composta por 30 membros dende os 8 ata os 14 anos, sendo a media de 12 anos. Nin que dicir ten que o camiño de volta no autobús que os regresaba a Xinzo foi do máis alegre e ruidoso.