Xinzo de Limia

Contos, moita música e terror: así será o Samaín no Concello de Xinzo de Limia

As principais novidades céntranse no apartado musical, co concerto de Faylinn e unha disco móbil.
Samaín 2023
Samaín 2023

Xinzo de Limia, a 19 de outubro de 2023.  Achégase a noite máis terroríficamente divertida do ano, achégase o Samaín! Este ano a Concellaría de Participación Cidadá, Festas e Xuventude, con Ricardo Sieiro á cabeza, programou unha xornada pensando en todo tipo de público.

O evento comezará ás 17 horas co espectáculo de rúa “A Lenda da Chorona", na praza maior. Entre lusco e fusco, a A.C. Civitas Limicorum, que sempre colabora con este evento, faranos partícipes da historia do Samaín a través dos contos. Dende as 18:30 horas haberá meigas soltas polo barrio de abaixo, e seguidamente, o grupo Faylinn porá a nota musical nun concerto de estilo pop-rock a partir das 20 horas. Para rematar a terrorífica xornada, haberá disco móbil na praza maior cos DJs Saúl Gallego e Pablo Marques ata ben entrada a noite.

O Concello de Xinzo de Limia convida á veciñanza a acudir indumentados coa temática do Samaín.