Os danzantes de Lamas celebran a primavera outro ano máis
Se poderá asistir ao evento o día seis ás 12:00
O domingo 6 de maio ás 12:00 da mañá, poderemos volver gozar, en Xinzo de Limia, dos bailes levados a cabo polos danzantes de Lamas, coa colaboración dos grupos musicais da Deputación de Ourense.
Lamas, localidade do municipio de Xinzo, celebra o desfile dos “danzantes”, que se intercala coa procesión relixiosa das festas da Santa Cruz. Son danzas gremiais cuxo obxectivo é a exaltación da primavera; oito rapaces, ataviados con coroas de flores e saias vermellas, renden tributo á Santa Cruz. Agora mesmo apróbase tamén a colaboración das mulleres no baile.
Esta celebración consta de seis danzas: unha danzas de castañetas, catro danzas de palillos e unha danza de trenzado. Os pasos son sinxelos aínda que requiren de moito ritmo e coordinación.
A modo de apunte histórico, contaremos que este baile desapareceu nos anos cincuenta debido a un bispo que quixo separar o relixioso do profano. Con todo, grazas a que algunhas persoas recordaban as danzas e as cancións, puido retomarse esta tradición nos anos 80, época na que se levantou a prohibición.