Xinzo de Limia

Os Entroidos de Galicia poderán ser declarados Ben de Interes Cultural (BIC)

Anunciouno esta mañá o Conselleiro de Cultura nunha visita a Xinzo

IMG_1176
IMG_1176

O conselleiro de Cultura e Turismo, Román Rodríguez, acompañado pola delegada da Xunta na provincia, Marisol Díaz Mouteira, participou esta mañá nas celebracións do entroido de Xinzo de Limia, declarado de Interese Turístico Internacional e o máis longo de España, con cinco semanas de duración.

IMG_1169

Foi alí onde anunciou que, en aras de conservar tanto o patrimonio material como inmaterial, a Consellería iniciará o estudo para a incoación como Ben de Interese Cultural do entroido. Román Rodríguez lembrou que esta festividade con fondas raíces en Galicia contribúe a situar á comunidade como un dos destinos favoritos para o turismo, tamén no inverno. Precisamente, Ourense, que conta ademais cun entroido de Interese Turístico Nacional (Verín) e outros cinco de Interese Turístico Galego (Viana do Bolo, Laza, Maceda, Manzaneda e Vilariño de Conso), foi a provincia galega na que máis medrou a demanda turística o ano pasado, cun incremento de preto dun 3%.