III Festival de teatro humorístico en galego en Xinzo de Limia
Cada fin de semana poderase desfrutar dunha representación teatral
Grazas á Concellería de Cultura de Xinzo de Limia, poderemos gozar do III Festival de teatro humorístico galego, que comezará o 21 de abril. Todas as obras representaranse no auditorio da Casa de Cultura “Ángel Cocho”. Colaboran para que esta celebración sexa posible a Rede de Auditorios Provincial de Ourense, a Deputación de Ourense, a Rede de Dinamización Lingüística e a Xunta de Galicia.
Participarán neste atopo compañías de teatro profesionais e tamén amateurs. Matrioshka teatro, compañía profesional de orixe coruñés, será a primeira compañía en actuar o día 21 de abril ás 19.30 coa súa obra “Señora que pasea pola rúa con dous cans preciosos”. Un evento para maiores e nen@s que terá lugar todos os fins de semana a partir do seu comezo ata o sábado 2 de xuño, e para o cal espérase unha gran afluencia de xente e unha cariñosa acolleita do público, como nas anteriores edicións.
Como di o cartel, si gústanche as artes escénicas, non faltes ao festival de teatro humorístico en galego. Esperámosvos.