Xinzo de Limia

O magosto do concello reuniu a moitos vecinos

Nunha noite cunha temperatura para estar en manga curta

IMG_7559

As brasas e o lume para o asado das castañas e da carne e os chourizos deron boa conta do material cedido por COREN para a degustación. Segundo todos os presentes que ían pasando a recoller as súas racións o comentario unánime era que a “panceta” era o mellor da noite. Todas as viandas foron regadas con viño branco e tinto da denominación Monterrey, cedidos polo seu C.R.D.O.

Despois da carne os chourizos e as castañas, apareceu a bica, que non todos os presentes quixeron, porque xa a enchente era abundante.

A música non falto una praza de Oriente, ata que o corpo aguantou.

O alcalde en nome da corporación quixo agradecer ás persoas voluntarias que colaboraron para que todo estivera como estaba, nunhas condicións esquisitas.

cats