Xinzo de Limia

UN CONCERTO TEATRAL PARA TODA A FAMILIA

María do Ceo canta para os nenos e nenas de Xinzo de Limia

Irá acompañada pola compañía Rum Rum Teatro

Cartel Maria do Ceo
Cartel Maria do Ceo

A cantante María do Ceo, xunto á compañía A Rum Rum teatro, dará un concerto didáctico na Igrexa de Santa Mariña de Xinzo de Limia. A actuación será as 11.30 para os nenos e nenas de infantil, 1º e 2º, e as 12.30 para ó alumnado de 3º, 4º, 5º e 6º. Asistirán ao evento os alumnos e alumnas dos centros educativos «A Galiña Azul», «Carlos Casares» e «Rosalía de Castro».

112

Un concerto teatral para toda a familia

O concerto, baseado no disco-libro editado recentemente pola vocalista, inclúe cancións totalmente didácticas que fan aprender escoitándoas. Un evento teatral para toda a familia, onde grandes e pequenos desfrutarán de pezas que falan de respecto, amizade, liberdade ou solidariedade.