Xinzo de Limia

CONTINUA O PROGRAMA NADAL 2019

Música e danza encheron a tarde noite do sábado en Xinzo

No concerto da Agrupación Musical quíxose deixar patente a dor polo ex compoñente da banda falecido no día de hoxe

IMG_9684

IMG_9689

Antes de dar comezo o concerto da banda de música  procedeuse ao prendido dunha bela que permaneceu acesa nunha cadeira que estaba posta no medio de todos os compoñentes da banda en recordo do que durante uns anos formara parte da formación e que esta mañá finaba nun accidente de tráfico.

NON ENTRABA NIN UNHA AGULLA

Como se soe dicir o de que non  entraba  unha agulla, neste caso non solo foi así, se non que moita xente tiña que escoitar as actuacións dos bailaríns da escola Danzón dende o “hall” da Casa da Cultura, lugar onde se celebraba a exhibición.

Primeira vez que sonou un “FAGOT” en Xinzo

IMG_9730

IMG_9723Segundo o director da banda o carismático profesor Tielas hoxe era a primeira vez que soaba un fagot en Xinzo, e esta primeira vez era dentro dos membros da banda de Xinzo. O sentimento de orgullo deixábase  ver na expresión do propio director da agrupación. Dende aquí felicitamos, como non pode ser doutra maneira, tanto ao director, pero sobre todo neste caso a moza que o facía soar por primeira vez.

IMG_9725