DO 17 AO 21 DE XULLO
Elvira Lama e Ramiro Rodríguez presentaron o programa das festas de Sta. Mariña 2019
Dende este grupo de goberno quixeramos ter as mellores festas 2019, pero as mellores festas elaboradas por este novo grupo de gobernó. Non é así porque nos aterrizamos fai 20 días e o traballo xa estaba feito.
Dende este grupo de goberno quixeramos ter as mellores festas 2019, pero as mellores festas elaboradas por este novo grupo de gobernó. Non é así porque nos aterrizamos fai 20 días e o traballo xa estaba feito.
En parte agradecemos o habelo feito case todo e en parte non, porque así teremos unhas festas continuistas e ata o ano que ven, non serán as festas do equipo de goberno que agora presido.
Así comezou Elvira Lama a presentación das festas de Sta. Mariña 2019 cun calendario de actuacións pechado case ao 100% polo equipo anterior. Esperar que os veciños se divirtan o máximo posible e que todo transcurra con toda normalidade, e aínda que sexamos responsábeis por estar aquí, volvendo a remarcar que estas son as festas do grupo de goberno anterior, non do seu equipo de goberno.
PROGRAMACIÓN
Ramiro Rodríguez, concelleiro de Cultura debullou polo miúdo o programa que ven matizado por dúas cuestión, unha técnica de tempo, as orquestras ai que contratalas con moito tempo de antelación, así como outros eventos como pode ser o festival de gaitas, polo que o esqueleto estaba feito. A outra cuestión e que a capacidade de actuación económica de esta concellería está totalmente limitado, por non dicir que absolutamente nula. Con esta situación real optamos por non engadir máis gastos por responsabilidade, a unha partida que xa non ten.
As orquestras que porán o son as verbenas serán TANGO o 17 NEBRASKA o 18 e NAZARET o 21.
V FESTIVAL INTERNACIONAL DE GAITAS “Vila de Xinzo de Limia”, este xa tradicional festival internacional comezará ás 20:30 do sábado 20 coa participación das bandas de
.- Banda de Gaitas de Candás (Asturias)
.- Banda de Gaitas Xuntanza de Catalunya
.- Banda de Gaitas Real Xuvenil de Ourense
.- Banda de Gaitas B de Xinzo de Limia
.- Banda de Gaitas A de Xinzo de Limia
Debido a duración do festival este ano comezará unha hora antes que na edición anterior e será na praza Carlos casares.
Anteriormente ás 19:30 haberá un concerto de bandas de música infantil a cargo da representante da Agrupación Musical da Limia e a do Ateneo de Bembibre, neste caso no Adro da Igrexa Vella.
O día grande da patroa 18 de xullo comezará a celebración coa alborada a cargo dos Gaiteiros de Laroá e co desfile de Xigante e Cabezudos polas rúas a partir dás 11:30.
Ás 12:00 comezarán os actos litúrxicos coa procesión da Patroa Sta. Mariña acompañada pola Banda de Gaitas de Xinzo e a Agrupación Musical da Limia. Rematada a procesión haberá a misa solemne presidida polo bispo de Ourense e acompañada polos son da Coral Sta.Mariña-Esmuli.
Pola tarde haberá o xa tradicional torneo de Chave “V Memorial Manolo Santana” na alameda do Toural e na praza Maior un espectáculo Infantil a cargo do Mago Albert.
Pola tarde noite a actuación da orquestra limiá NEBRASKA, na alameda do Toural.
19-VENRES
II Festa da Agrupación Musical da Limia con pasarrúas, concerto no parque do polígono e “duelo” de charangas XL e ACHICORIA.
Para os máis cativos haberá espectáculos de maxia e inchábeis con canóns de escuma no polígono e no parque do Toural.
Pola noite na praza Carlos Casares darán un concerto o grupo limiá HABITACIÓN VUDU.
21-DOMINGO
Pola mañá alborada e pasarúporanaas con xigantes e cabezudos e para os menos e nenas a partir dás 19:30 na praza de Oriente o espectáculo “A GRAN BARAFUNDA”
A música de tarde e noite, para rematar as festas 2019, poraia a orquestra NAZARET NA ROTONDA DA RÚA Alexandre Bóveda.