Xinzo de Limia

SEMANA DE CARLOS CASARES EN XINZO

Do 08 ao13 de abril de 2019

IMG_20190207_114156

O Concello de Xinzo continuando colaboración coa fundación Carlos Casares presentou esta mañá no salón de plenos do Concello a Semana dedicada a Carlos Casares.

Na presentación estiveron presentes por parte da Fundación, Xavier Casares e Hockan Casares e polo concello o concelleiro de Cultura Carlos Gómez e o técnico de cultura Alfonso Lois, que foi o encargado de coorganizar e servir de nexo de unión entre as dúas institucións para levar adiante o programa desta semana. Escusaron a súa presenza o xerente da Fundación e o alcalde, os dous por atoparse indispostos. Tamén estiveron presentes na presentación, membros dos grupos municipais do PSOE e XA.

IMG_20190207_111817

ACCIÓNS A DESENROLAR NA SEMANA

1.- Exposición “As caras do libro. O deseño de cubertas na obra de Carlos Casares”

            Consistirá nunha exposición que recolle máis dun cento de cubertas dos libros de Casares nos diferentes xéneros literarios  e edicións que o autor cultivou.

Lugar: Casa de Cultura de Xinzo

Datas a determinar.

2.- Concurso de debuxos sobre a Galiña Azul e deseño de capas para as Letras Galegas 2019.

            Estes concurso irán dirixidos a nenos de Infantil e Primaria e estudantes de Secundaria.

Lugar: Centros de ensino da Limia

Datas: Durante os meses de febreiro e marzo.

3.- “O Xogo do papapío”

            Este é un proxecto de dúas sesións dirixido por un actor e que vai encamiñado a nenos de 3º a 6º de primaria. No mesmo potenciarase a retención, o traballo en equipo, a imaxinación e o xogo. Loxicamente todas as situacións irán rodeando a figura de Carlos Casares.

Lugar: A Casa da Cultura

Datas: do 8 ao 12 de abril

4.- Concurso “A Limia é así”

            Este concurso baséase nun traballo escolar que Casares desenrolou cando novo, (que se expón na etapa 1 maleta 4) da exposición permanente  que se atopa no Museo do Entroido de Xinzo.

Este concurso está dirixido a escolares de ESO en tres modalidades, con dous premios en cada unha delas.

            Mellor texto breve

            Mellor fotografía ou serie fotográfica

            Mellor curta para as redes sociais/internet.

A primeira edición deste concurso, declarouse deserta.

Lugares: Centros educativos da Limia

Datas: Meses febreiro e marzo.

O presuposto achegado polo concello de Xinzo para esta semana cultural será de 10.000 € segundo acordo entre a institución municipal e a Fundación.

Carlos Gómez, manifestou o agradecemento a  Fundación  a cal está sempre interesada  por desenrolar actividades no eido cultural na nosa vila e comarca.

Hockan Casares:  O pretexto desta semana, non é outro, que o de seguir mantendo a relación que ten este concello coa figura do meu pai. O propio padroado da Fundación do cal é membro o propio Concello, decidiu, despois do gran éxito na organización dos actos das Letras Galegas dedicado a meu pai, éxito, non solo recoñecido por nos, se non por todo o mundo que dixo que fora un día extraordinariamente ben organizado e cunha repercusión moi grande si se comparaba coa organización de outros anos, noutros lugares. Pensamos que era unha pena que iso se quedara aí e que non se aproveitara esa colaboración para facer conxuntamente máis cousas. Aí foi cando se decidiu, non facer solo un día , se non unha semana con actos para recordar ao escritor e a comarca.