Xinzo de Limia

O teatro Principal cheo ata a “bandeira” para escoitar a Banda de Gaitas

Moitos foron os limiáns que se desprazaron ata Ourense, encabezados polo alcalde que estivo acompañado  por membros do seu goberno e da oposición

IMG_7883
IMG_7883

Unha a unha, os membros da Banda de Gaitas e Percusión do Concello de Xinzo, acompañados doutros músicos de outras formacións, foron presentando as cancións que forman parte do último disco editado pola formación musical titulado SONHORAS, facendo alusión a que xa facía tempo que estaba no "forno", pero que se facía de rogar.

Agradecementos por oparte do director da banda

IMG_7895Ademais das intervencións da limián  Belén Rivero, como presentadora e mestre de cerimonias,   tamén tomou a palabra en varias ocasións o director para entre outras cousas agradecer a todos os presentes o haberse achegado ata Ourense, as autoridades e sobre todo a todos aqueles que ao longo dos trinta anos de historia da formación artística formaron parte dela, e que grazas a todos se chegou ata este aniversario.

Noutro momento fixeron subir ao escenario a Fariñas, para que interpretara unha peza cun cuarteto, todos eles compoñentes actuais da formación musical.

Xoan, director do concerto quixo agradecer persoalmente aos músicos de metal , piano, guitarras e vento que acompañaron,  aos compoñentes habituais da formación, e que están sempre e cando se lles chama para calquera actuación. Ademais o director foi saudando un por un polo seu nome e “alcume” nos seus, casos a todos os que participaron no concerto e a aqueles que por diferentes motivos persoais e xustificados onte estaban con eles aínda que dende lonxe.

O público despois da petición de varios “bis” despediu aos músicos postos en pe no patio de butacas con aplausos que duraron varios minutos.

Noite de música e emocións, a que se viviu no teatro Principal de Ourense, cheo de limiaos e limiáns  que non quixeron perder a celebración do trinta aniversario do nacemento da Bande de Gaitas e Percusión do Concello de Xinzo de Limia no recen estreado 2019.

 

IMG_7892

IMG_7907IMG_7920

IMG_7957

IMG_7944

 

IMG_7954

IMG_7959